Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro preguntará no Pleno polos locais municipais

Por 30 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O pasado 14 de setembro o BNG de Viveiro solicitou por escrito ao Concello unha relación dos locais que están en propiedade (escolas unitarias, escola-taller, centro comarcal, centros sociais, casa da xuventude, casa dos mestres, casa do guarda, baixos, pavillóns deportivos…) na que se detallase o estado dos inmobles, indicando cales non están debidamente acondicionados para ser utilizados, así como as asociacións, colectivos e/ou outros que actualmente están a facer uso destes espazos, como tamén os criterios de concesión do uso dos mesmos e condicións de cesión de cada local (contratos de cesión, duración…).

Segundo os nacionalistas, fronte á omisión de resposta a parte do contido, instan á alcaldesa socialista, María Loureiro, a facer un exercicio de transparencia e conteste as seguintes preguntas ao completo no pleno do vindeiro mércores 2 de outubro: relación de locais municipais nos que o Concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio, criterios de cesión dos locais municipais utilizados polas asociacións e/ou colectivos deportivos, así como a relación de entidades que actualmente teñen cedido algún dos locais municipais.