Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro albergará unha exposición de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Por 1 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro avanza a sinatura do Convenio de Colaboración entre a entidade local, a Fundación Galicia Obra Social e Abanca Corporación Bancaria SA, que inclúe a exposición Unha mirada de antano, fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galiciaque se inaugurará na sala de exposicións da biblioteca municipal o xoves 3 de outubro, ás 19.00 horas.

Esta mostra recolle unha selección de imaxes que forma parte do conxunto de instantáneas que a pioneira das fotógrafas da Hispanic Society of America realizou en Galicia entre os anos 1924 e 1926, acompañada polo seu pai, Alfred Theodore Anderson. Esta institución posúe no seu arquivo niorquino a maior colección de arte hispana fóra de España, con máis de 18.000 pezas, e foi galardoada co Premio Princesa de Asturias no ano 2017.

O convenio inclúe tamén a realización dunha obra de teatro, Troya, dirixida aos centros de ensino.