Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Dezaséis desempregados dixitalizarán o arquivo documental de Ribadeo

Por 2 Outubro, 2019Sin comentarios

Dá comezo en Ribadeo o Obradoiro de Emprego DOC-TIC III, que aposta pola dixitalización e recuperación do valioso patrimonio documental ribadense. Nel participarán durante seis meses 16 alumnas e alumnas, dúas monitoras e unha directora. Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Emprego, Pablo Vizoso, e o alcalde, Fernando Suárez. 

Vizoso dixo que “un ano mais e por cuarto xa o Concello de Ribadeo aposta pola dixitalización e recuperación do seu valioso patrimonio documental coa posta en marcha do Obradoiro de Emprego DOC –TIC III, cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a Consellería de Emprego e Industria e o Concello”. 

O edil nacionalista contou que “esta semana bota a andar este obradoiro tras procederse recentemente á selección das 19 persoas que participarán nel. Son 16 alumnos, dúas monitoras e unha directora. Durante os próximos 6 meses os participantes combinarán o traballo en arquivos e dixitalización coa formación a través dun contrato de formación polo que percibirán o Salario Mínimo Interprofesional e que, ademais, por primeira vez computará pata a prestación de desemprego”. 

O concelleiro de Emprego manifestou: “consideramos que este obradoiro é unha boa oportunidade para todos os rapaces e rapazas que participan. Con este proxecto o Concello pretende continuar  na liña dos obradoiros anteriores e seguir coas funcións primordiais dun arquivo público e as dun obradoiro de emprego. Por un lado, recoller e dixitalizar información significativa do Concello e por outro, a obtención de competencias profesionais que faciliten a inserción laboral do alumnado asistente, principalmente si proceden de sectores da poboación mais sensibles como a mocidade ou os parados de longa duración”. 

Pablo Vizoso explicou que “o obradoiro terá dúas especialidades, unha de produción fotográfica, que estará integrada por 8 alumnos, e outra de operación de datos de gravación e tratamento de datos e documentos, que contará con outros 8 alumnos. Todo o traballo de dixitalización que realicen pasará a formar parte do arquivo municipal de Ribadeo, no que contamos con documentación producida e recollida polo Concello ao longo dos séculos, desde o ano 1537 ata a actualidade, algo que da mostra da relevancia histórica que ten a nosa vila. Moita desa documentación xa está tratada, pero hai outra moita que aínda hai que catalogar”.

O edil ribadense engadiu que “tivemos a presentación deste Obradoiro de Emprego no salón de plenos co alumnado e co profesorado. Agardamos que sexa unha experiencia positiva para todas e todos os asistentes e tamén para o Concello de Ribadeo porque seguiremos a gravar e dixitalizar todos os documentos municipais, que despois estarán a disposición de quen os queira consultar dun xeito máis áxil e doado”.