Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Éxito das xogadoras do clube de bolos de Xove no campionato estatal

Por 3 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xove califica de impresionante o campionato que realizaron as xogadoras do Club de Bolos Xove  nos campos da Camoesa en Nigrán. Participaron xogadoras de Galicia, Asturias e Madrid. As expectativas eran altas, xa que a xove Julia Lopez do Club de Bolos Xove tiña que defender o campeonato que gañou o ano pasado; Julia, nos campeonatos celebrados por toda Galicia no verán, demostrou que estaba en forma e que había que contar con ela; pero este ano non foi posible xa que se topou cunha fantástica Blanca Lago do club Estivada en semifinais e non puido vencer a finalmente campeona de España, tendo que conformarse co terceiro posto final. Xa en cuartos de final Blanca eliminou tamén á nosa xogadora Carmen por un apretado 4-3.

Rematado o campeonato individual, os ánimos no Club de Bolos Xove estaban algo apagados xa que só se conseguira un terceiro posto en categoría individual por parte de Julia López, polo cal  quedaba ver como saía a xornada do domingo na modalidade de parellas.

Nesta modalidade as parellas fórmanse segundo os postos acadados no clasificatorio do día anterior, formando parella a nº 1 coa nº 16, a nº 2 coa nº 15 e así sucesivamente para que as parellas sexan moi igualadas.

E aquí foi donde as xogadoras do club de bolos Xove se desmelenaron e consiguieron ocupar os tres escalons do pódium.

A campeona de España en modalidade de parellas foi Belén Meitín do Club de Bolos Xove formando parella con Sandra Suarez do club Villatresmil de Tineo.

A Subcampioa de España tamén en parellas foi Julia López do Club de Bolos Xove formando parella con Susana Barrero do Club Tineo de Tineo.

E o terceiro posto do pódium acadouno Maricarmen Roca do Club de Bolos Xove formando parella con Noemi Gonzalez do Club L’acabose de Tineo.

Foi un fantástico fin de semana para o Club de Bolos Xove, que ao seu destacado papel nas distintas categorías masculinas, suma excelentes participacións e resultados na categoría feminina.