Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Burela asegura que hai nenos que teñen que viaxar para usar un pavillón de deportes

Por 3 Outubro, 2019Sin comentarios

A situación de desgoberno no concello de Burela segue xerando problemas que o goberno local xestiona de xeito demencial, segundo denuncia o BNG. O goberno en funcións non pode licitar o contrato de determinadas actividades que os socialistas tiñan externalizadas e se desenvolvían nas instalacións deportivas municipais. “O Concello non ten ninguna obriga con ese servizo privado porque non pode formalizar o contrato, mesmo se publicou que o Concello non ofertaría a actividade de patinaxe artístico pero agora vai ocupar horario de pavillón mentres as nenas e os nenos dos clubs deportivos da vila teñen que adestrar noutros concellos ou en horarios impropios da súa idade”, indicou Mario Pillado, voceiro do BNG, quen engadiu que “os socialistas priman o negocio dunha empresa privada, por moito que a vaian enmascarar nunha asociación, por riba do deporte de base”.

“Recordamos que en xuño fixo un ano que presentamos a moción para a construcción do novo pavillón na que o alcalde se comprometeu a facerse cos terreos, a presentar un convenio de financiamento entre as administracións e a redactar o proxeto para a obra”, sinalou Pillado. “O señor Llano non cumpriu nada, optou pola reforma que presenta uns prazos de dubidoso cumprimento, o que atranca aínda máis o problema que temos na vila cunhas instalacións deportivas saturadas e insuficientes”, comentou o nacionalista quen rematou decindo que “as rapazas e os rapaces van adestrar a outras vilas e algúns que quedan aquí rematará de adestrar ás 22.00 horas da noite para o beneficio dunha empresa privada mentres o señor alcalde no sabe nin cando comezarán as obras de reforma do pavillón Vista Alegre e desbota a construcción dun novo pavillón polideportivo”.