Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta polos Oscos

Por 3 Outubro, 2019Sin comentarios

A asociación deportiva de sendeirismo de Burela organiza unha ruta, a do Forcón dos Ríos, pola localidade asturiana de Santa Eulalia de Oscos. Será un traxecto de 13 kilómetros e de dificultade media que será o 5 de outubro.

O prezo para os asociados é de 20 euros e de 25 para os que non son socios.  O custe inclúe autobús, comida e un seguro.

Os participantes sairán as 8.30 horas da mañá da estación de autobuses de Burela. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves día 3 ás 14.00 horas. Aconsellan levar auga, botas e bastón. Hai máis información en www.pasadadascabras.es.