Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A parroquia de Castelo en Cervo estará de festa

Por 4 Outubro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a vindeira fin de semana.

A cita comezará o sábado 5 ás 13.00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores.

Ás 22.00 horas comezará a Gran Verbena a cargo do Dúo Merengue e a orquestra Emperadores.

Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13.00 horas cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do grupo Fusión.

A festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.