Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As San Lucas de Mondoñedo contarán cun festival intercéltico

Por 5 Outubro, 2019Sin comentarios

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentaron en Santiago o cartel e programación da Feira de As San Lucas de Mondoñedo, unha cita que celebra entre os días 17 e 20 de outubro a súa 863ª edición. 

Como novidade, este ano a programación de As San Lucas contará cun Festival Intercéltico que terá lugar o vindeiro 19 de outubro e que converterá á cidade de Mondoñedo nun punto de encontro para as chamadas nacións celtas. Esta nova incorporación inclúese en O teu Xacobeo, a convocatoria da Xunta para proxectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos para implicar a toda a sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo. 

Este novo festival permite que O teu Xacobeo se aproxime agora As San Lucas, unha das citas máis salientables das nosas tradicións, unha feira de gando cabalar centenaria que situou por séculos a Mondoñedo no centro da Cornixa Cantábrica. Así, a realización deste festival facilitará un gran intercambio cultural no Camiño, acadando un dos seus obxetivos principais, que é a diversidade das persoas que o transitan. O evento celebrarase na Praza da Catedral de Mondoñedo, o monumento mindoniense, declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 2015, que é, ademais, a única Catedral do Camiño Norte de Santiago en Galicia ata Compostela. 

OITO SIGLOS DE CATEDRAL. O festival será gratuíto e o seu cartel estará composto por músicos galegos e de fóra. Arrancará co grupo de gaiteiros da comarca, que tocarán desde as torres da catedral, ao que lle seguirá a actuación do gaiteiro asturiano Brais Rodrigo. Logo será a quenda do  espectáculo de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, o grupo irlandés Lunasa e pechará o cartel o grupo francés de música celta e bretoa Gwendal. Tamén se proxectará un videomapping na fachada da catedral con motivo da conmemoración do 800 aniversario da súa construción.