Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros licita obras de estradas e a ampliación dun centro social

Por 8 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Barreiros sacou a licitación dun contrato de obra para a pavimentación de camiños, concretamente para: carretera da Barcela, Urbanización Viladaíde, Suaigrexa, estrada de Sarxendez, carretera en Ferrería, de rotonda de Autovía a carretera de Trabada, carretera de Insua, carretera de Pedreira, Igrexa de San Xusto a campo da festa e camiño de Mescosa. O importe é de 192.022,87 euros e está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 180.610,27 euros, os 11.412,60 euros restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de 3 meses  e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.

A outra licitación trátase da ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos, aldea que se pode ver nesta imaxe de Lucenses sin Lúa. O importe das obras é de 67.686,80 euros e tamén está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 57.558,37 euros, os 10.128,43 euros restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de  6 meses e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.

Ámbalas dúas licitacións están publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público e as ofertas deberán presentarse de maneira electrónica.