Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo convida a manifestación en Xove en prol dun marco enerxético estable

Por 8 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de emitir un bando municipal no que informa a toda a veciñanza da concentración que terá lugar este vindeiro mércores, entre as 20:30 e 21:00 horas, na Praza do Concello de Xove, animándoa á asistir a esta protesta “co obxectivo de visibilizar a grave situación na que nos atopamos pola inexistencia dun marco enerxético estable que pon en serio risco o emprego e a permanencia da industria do aluminio na nosa zona, que é o principal motor económico e laboral da comarca”, tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares.

Villares incide neste ducumento na vital importancia que ten esta industria para a bisbarra “non só xera 1.100 postos de traballo directos e 700 indirectos, e supón o 32% do PIB da provincia, senón que tamén contribúe enormemente a soster unha gran parte dos servizos dos que hoxe en día nos beneficiamos todos os veciños”, precisa.

Por este motivo é necesario que rememos todos xuntos –engade- e que nos sumemos a estas protestas promovidas polo Comité de Empresa de Alcoa “co único obxectivo de reivindicar o noso, polo ben do noso Concello e polo ben de toda A Mariña”, sentencia.