Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz arranxa camiños de uso forestal nas parroquias

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz empezou os traballos de arranxo de varios camiños de uso forestal nas parroquias do municipio. 

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “son viarios municipais con firme de zahorra que necesitan unha actuación, xa que o paso de maquinaria forestal e as choivas de varios anos, unidos á falta de mantemento, fainos nalgún caso intransitables. Os traballos fanse coa colaboración da Deputación porque o parque de maquinaria provincial pon á nosa disposición unha pala cargadora de cadeas que nos permite facer as obras sen custo para o Concello”.

O rexedor municipal pídelles desculpas aos veciños polas molestias que poidan ocasionar estes traballos.