Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Museo do Mar de San Cibrao celebra o seu cincuenta aniversario

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

museo mar cibrao

A vicepridencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, prepara un amplo programa de actividades para celebrar o cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Coincidindo coa efeméride, desenvolveranse os actos conmemorativos da creación do museo, que naceu o 11 de outubro de 1969 na escola unitaria da localidade cun patrimonio inicial formado pola colección do mestre Francisco Rivera Casás.

O docente e mailo antigo alumnado serán homenaxeados durante a xornada, na que tamén se incorporarán ao Museo os traballos de investigación de Chema Leal Bóveda  e Xoán Ramón Fernández Pacios en relación ó papel da muller no mundo do mar, na Mariña e noutras rías, especialmente no ámbito das industrias pesqueiras.

Arredor do cincuenta aniversario, desenvolverase o programa Un museo para 15 concellos. Viaxes de ida e volta que pretende renovar os lazos entre o museo e a comunidade dos municipios mariñaos.

A partir do vindeiro do 11 de outubro e ata decembro de 2020, celebraranse diferentes xornadas de intercambio e convivencia para poñer en valor a riqueza patrimonial dos diferentes concellos a través dos axentes e colectivos culturais locais.

O ciclo comezará ás 16.30 horas cun parladoiro entre Javier Rivera, Encarna Lago González e Silvia Fiallega Lorenzo sobre o tema Da escola de D. Francisco a un museo de todxs e para todxs. As facedoras de mundos. 50 anos do Museo Provincial do Mar. 15 anos de xestión como museo.

Ás 19.00 horas será a charla sobre o tema Mulleres de papel no Mar Cantábrico galego I, a cargo de Chema Leal, profesor da UNED, investigador da USC, Máster en Xestión do Patrimonio Cultural.

Ás 20.30 horas comezará a seguinte charla sobre o tema Mulleres de papel no Mar Cantábrico galego II, a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia e coidador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo.

A maiores, durante todo mes desenvolveranse diferentes actividades que comezarán o 15 de outubro cun parladoiro baixo o título Os nosxs maiores contan. A memoria oral. A importancia do patrimonio inmaterial, a cargo do Club Sénior da Rede Museítica.

O 30 de novembro será a xornada Daquela escola a un museo: un mar de cultura, na que os veciños de San Cibrao, aproveitando a festividade de santo André, en tempos a máis popular da vila, queren lembrar e homenaxear a tódalas aquelas persoas que fixeron parte na historia do noso museo cando aínda era escola.

Xa o 3 de decembro tocará a charla O museo inclusivo, charla de Ángeles Miguélez, coa presenza dos colectivos para a discapacidade da mariña.

Máis tarde, o día 12 será ac onferencia O porto da Atalaia. De Bayona a Baiona, a cargo do arqueólogo Enrique Alcorta Irastorza. O día 13será o faladoiro Os cronistas contan, no que os cronistas oficiais de Viveiro, Carlos Nuevo, de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, e de Mondoñedo, Antonio Reigosa, dialogarán coa historia e as historias do Mar da Mariña de fondo.

18 de decembro chegarán os Relatos da emigración, unha xuntanza coa comunidade migrante na Mariña, e as Microhistorias de ida e volta, na que a fotógrafa e deseñadora Evelin Ruíz Crego presentará a súa viaxe ao pasado e ao presente a través dos recordos e historias persoais da vida de mulleres emigrantes galegas e cubanas. É un rescate das súas testemuñas, dos seus propios relatos migratorios e de imaxes que reflexan os seus recordos, sentimentos e vivencias.