Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Ábrense as inscricións ao deporte escolar

Por 12 Outubro, 2019Sin comentarios

Os representantes das agrupacións deportivas de zona de toda a provincia encargadas de organizar e coordinar o deporte en idade escolar reunironse co responsable do servicio Provincial de deportes de Lugo.

Acordaron abrir o período de inscrición de todas as entidades deportivas en idade escolar ata o 14 de outubro, e convocar a todas as entidades deportivas á reunión da agrupación de zona de A Mariña que terá lugar o vindeirodía 16 ás 20.00 horas no Colexio O Pilar de Foz.

Nesta reuniñón falarase das entidades inscritas en competicións deportiva en idade escolar, e as porpostas das datas das mesmas. Tamén tratarase o tema de acondicionamentos dos clubs para as competicións, planificarase a Copa 2019/2020 de fútbol sala e baloncesto e as provinciais de fútbol sala e baloncesto.

Ademais farase entrega dos trofeos de fútbol sala e baloncesto da tempada recén concluida e entregarase o material deportivo como balóns fútbol sala, baloncesto e redes portabalóns.

A organización recorda que poderase dace a ficha de inscrición para esta tempada.