Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro lémbralles aos escolares a importancia do mel antes da feira

Por 12 Outubro, 2019Sin comentarios

Os nenos e nenas do CEIP Santa María desfrutaron dunha conferencia a cargo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, como preludio á Feira do Mel e o Mercado de Outono e recibiron os premios polo deseño do cartel.

Dentro da programación da XXXII Feira do Mel-Mercado de Outono, os protagonistas foron os 150 alumnos do CEIP do Valadouro, os cales desfrutaron dunha charla impartida por unha técnico do Concello Regulador Mel de Galicia, titulada o Doce Mundo do Mel, coñecendo os beneficios deste produto, a forma na que as abellas fabrican o mel, e a importancia que teñen estes insectos para o noso ecosistema.

Para rematar a conferencia o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, acompañado da concelleira de Cultura, Fina Geada, e o concelleiro de Medio Rural e Turismo, Iago Fernández, entregaron os diplomas aos gañadores do concurso de debuxo convocado para elaborar a base do cartel da XXXII edición da Feira.

Os Gañadores por curso foron, en sexto de Infantil, Yeray Souto, en primeiro de Primaria, Paula Rouco, en segundo de Primaria, Gorka García, en terceiro de Primaria, Julia Cao, en cuarto de Primaria, Celia Martínez, en quinto de Primaria, María Lozano e en sexto de Primaria, Maia García e Candela Riveira (que foron os debuxos elixidos para a base do cartel).