Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación Mar e Monte de Barreiros retoma os roteiros

Por 13 Outubro, 2019Sin comentarios

A asociación barreirense Mar e Monte retoma os roteiros para este mes de outubro.

Aínda que xa comezaron, o vindeiro roteiro será o sábado 19 a Curva-Lourenzá polo Camiño de Santiago, o 26 a ruta do Monte Conería.

Xa por último, o 31 farán a festa de Samain ás 20.00 horas no Café Bar Moderno, no que subirán andando a Santo Estevo do Ermo.

A organización recomenda levar túnicas e teas, e comida para compartir.

Para todos este roteiros a saída farase ás 10 da mañá desde o Café Bar Moderno de San Cosme, e tamén poderán participar no xantar por un prezo de 12 euros.