Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os nacionalistas de Viveiro fanse eco da defensa de Alcoa que fai o BNG no Parlamento

Por 14 Outubro, 2019Outubro 15th, 2019Sin comentarios

Os nacionalistas de Viveiro fixéronse eco dun tema que preocupa enormemente na Mariña como é o do posible peche da factoría Alcoa e para iso lembraron a intervención da portavoz nacional, Ana Pontón, no Parlamento, no transcurso da pregunta ao Presidente da Xunta. A líder do BNG afirmou que a “grande achega de Feixóo ás empresas electrointensivas foi vetar sistematicamente todas as propostas do BNG para abaratar a electricidade”. Pontón reclamou  unha Tarifa industrial eléctrica galega que reduza as peaxes para que Galiza se beneficie dos seus recursos.

Pontón asegurou que estes datos se corresponden coa peor crise industrial dos últimos anos provocada pola “incompetencia” do Partido Popular que pon en risco a máis de 7.000 postos de traballo e afecta a comarcas enteiras como Vigo, A Coruña, Costa da Morte, Ferrolterra e por suposto, A Mariña. O seu legado, dixo Pontón a Feixóo, é “unha desertización industrial”. E fronte a isto, continúa buscando escusas e botando balóns fóra cando Galiza o que precisa é solucións.

Galiza, remarcou Pontón, necesita un Goberno de verdade e non un goberno floreiro, que adorna pero non serve para nada máis.  “A Xunta debe estar ao servizo do país, non como o seu salvavidas particular”. Necesitamos solución para Alcoa, Endesa, Ferroatlántica, R, Vulcano, Barreras e Poligal Isowat.

O PREZO. Neste sentido, afirmou que o prezo da enerxía está colocando 2.000 empregos directos na Mariña, e incontabéis indirectos, pendentes dun fío polas dificultades de Alcoa para continuar coa súa actividade e preguntou “onde están as solucións da Xunta de Galiza?. Estivo vostede coa Ministra na fábrica de San Cibrao, e o resultado foi unha rolda de prensa na que tiveron a cara de dicir que o problema é o prezo da enerxía? Onde estaba o PP e o PSOE cando o BNG propoñía unha tarifa eléctrica galega? Onde estaba o PP e PSOE cando defendíamos que temos dereito a beneficiarnos da nosa propia produción eléctrica? Pois dígollo eu, exactamente estaban onde están hoxe: Mirando para Madrid en vez de para Galiza”.

A portavoz nacionalista reiterou que a grave crise industrial galega precisa alternativas e o BNG defendeu en moitas ocasións unha tarifa industrial estábel e competitiva, unha tarifa tarifa eléctrica galega que reduciría as peaxes porque temos dereito a beneficiarnos dos nosos recursos e para compensarnos polo noso papel produtor e pola contaminación.