Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Faleceu tras ser atropelada en Foz unha septuaxenaria

Por 15 Outubro, 2019Sin comentarios

Unha muller de 77 anos de idade faleceu como consecuencia dun atropelo sufrido a noite do domingo na baixada das Casas Baratas de Foz, ao lado do colexio número 1.

O sinistro aconteceu en torno ás 20.50 horas da noite.

A esa hora chovía copiosamente na localidade. A accidentada foi trasladada primeiro ao Hospital Público da Mariña onde trataron de salvarlle a vida.