Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa se coñecen aos gañadores do Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 16 Outubro, 2019Decembro 12th, 2019Sin comentarios

Ven de fallarse o IV concurso fotográfico O Mellor Recuncho de Mondoñedo organizado polo Concello e que serve ademais para a ilustración do calendario do ano 2020 co que o concello agasalla aos mindonienses.

A presente edición contou con 32 participantes que achegaron fotos dos diversos recunchos da cidade e do concello que fixeron moi difícil a decisión final pola gran calidade das imaxes.

Unha vez sumadas todas as puntuacións a foto gañadora foi a presentada por Marcos Candia, unha imaxe na que recolle a beleza da Igrexa Parroquial de Santiago nun día anubrado, co Padornelo ao fondo e completando a instantánea un arco da vella de cores vivas. Acompañan no segundo lugar a foto de Susana Gacio cunha vista da fachada principal da Catedral a través dos balcóns do segundo piso da Casa Museo Álvaro Cunqueiro e, en terceiro lugar, a imaxe de Adrián Pérez Ribadulla cunha visión panorámica da praza da Catedral de Mondoñedo.

De entre todos os participantes elexironse tamén as imaxes que ilustran o calendario do Concello e foron: para a portada Adrián Pérez Ribadulla, en xaneiro Marcos Candia, para febreiro Susana Gacio, en marzo Andrés Bourío, en abril Anna Katharina Koubek, para a de maio Andrea Gacio, en  xuño Anna Fernández, xullo José Ramón Miranda, agosto Miguel Paz, setembro Sandra Basanta, outubro Celia Cabanas, novembro M.ª Sol Piñeiro, e en decembro Lucía López,

A entrega de premios e o acto de presentación do calendario terá lugar o vindeiro sábado día 21 de decembro de 2019 na Oficina de Turismo de Mondoñedo ás 12 horas.