Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os nacionalistas clamaron en Madrid por que non peche Endesa

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

Ás portas do Cámara baixa, o candidato do BNG ao Congreso pola Coruña, Nestor Rego, salientou o apoio da formación nacionalista “á xusta reivindicación” dos traballadores e traballadoras e da veciñanza das Pontes, “que reclaman unha solución e alternativas ao anunciado peche de ENDESA”.

Descarbonización si, recalcou, “pero entendemos que a transición enerxética ten que ser xusta e con alternativas, e non pode ser que unha empresa que explotou os nosos recursos naturais durante décadas facendo negocios multimillonarios pretenda pechar dun día para outro deixando tirada a toda unha vila e toda unha comarca”.

Por iso, o BNG propón a inmediata constitución dunha mesa de traballo que integre a todas as administración implicadas e axentes sociais, “que poña en marcha un plan alternativo cos investimentos necesarios para garantir a actividade e o emprego en aras de darlle futuro As Pontes e a toda a comarca”.

Rego avanzou que a formación nacionalista utilizará a súa forza no Congreso tras o 10N para buscar unha solución de futuro para ENDESA. 

“Comprometemos que os nosos votos, que van ser determinante nun escenario sen maioría absoluta, van ser utilizados para conseguir que haxa esa alternativa canto antes, que precisamos como auga de maio para As Pontes e, en xeral, para frear todo o proceso de desindustrialización do noso país”, concluíu en declaracións aos medios na manifestación que tivo lugar en Madrid diante do Congreso. 

Xunto con Nestor Rego, a portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, e o secretario de Organización, Bieito Lobeira, encabezaron a representación da formación nacionalistas nesa mobilización.