Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os populares buscan a unión do PSOE para loitar por Alcoa

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

Os populares da provincia non descansan no seu obxectivo de presionar, xunto aos traballadores e veciños da Mariña, para que o Goberno dea unha solución ás demandas dos traballadores de Alcoa. Ao igual que fixeron a semana pasada en Xove, alcaldes, voceiros da comarca, a presidenta provincial, Elena Candia, e outros cargos orgánicos da formación participaron na concentración prevista en Cervo. A presidenta provincial, Elena Candia, fixo un chamamento aos alcaldes socialistas e de todas as siglas para unirse en prol desta causa, pero sobre todo para que os socialistas presionen ao Goberno de Sánchez para manter os empregos.

Demóstrase así que dende o PP están, unha vez máis, do lado dos afectados, e así o seguirán facendo en sucesivas reivindicacións e concentracións que se convoquen. Trátase, en definitiva, de sumar apoios para que o Executivo de Pedro Sánchez asuma a súa responsabilidade e presente solucións que garantan o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo. Neste senso, insisten e defenden publicamente que “non hai tempo que perder” para aprobar o estatuto de consumidores electrointensivos para que as empresas dispoñan dun prezo eléctrico competitivo e ampliar de 90 a 200 millóns de euros a compensación dos gastos indirectos de CO2, ademais de pagar dunha vez por todas esa partida inicial de 90 millóns que xa está aprobada.

Piden, ademais, que se convoque unha mesa de traballo en Madrid incorporando ao comité de empresa de San Cibrao, co que a Xunta de Galicia tamén comparte as súas inquedanzas. E é que a tarifa eléctrica galega non é legal porque o marco normativo non permite diferenciar por territorios. Tampouco é xusta porque fai que os galegos teñan que pagar máis pola electricidade, en concreto, 300 millóns máis ao ano para financiar as infraestrutura e a retribución por interrompibilidade. E non é realista, debido a que non existen datos que a xustifiquen.

UNIÓN DO PSOE. «Por máis que chova, non imos parar. Despois da concentración deste  mércores en San Cibrao está claro que a presión vai en aumento para conseguir que o Goberno central adopte as medidas necesarias, e que só el pode adoptar, para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao e devolver a tranquilidade ás familias dos traballadores e a comarca da Mariña en xeral». Así resume a presidenta provincial do PP, Elena Candia, o momento que se vive na defensa da planta de Alcoa en San Cibrao. «Temos que seguir nesa mesma liña ata ter a resposta necesaria por parte do Goberno».

Candia di que nesa liña de presión ata asegurar o futuro de Alcoa é precisa a participación dos alcaldes socialistas da comarca e da provincia en xeral. «Os mesmos que pedirán o voto para Pedro Sánchez teñen que implicarse abertamente e sen medias tintas na defensa dos intereses da Mariña e das familias que viven directamente ou indirectamente de Alcoa. Os alcaldes socialistas teñen que pedir ao Goberno, igual que fai o resto da sociedade, solucións para a supervivencia desta empresa».

A presidenta provincial do PP di: «A medida que pasa o tempo e o Goberno non reacciona aumenta a preocupación. Como xa dixen noutras ocasións, se esta é a resposta que ten o Goberno en plena precampaña electoral, qué nos esperará se despois das eleccións hai outro goberno socialista».

Polo seu lado, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, despois da concentración en San Cibrao, destacou: «Urxe que o Goberno central nos dea axudas para que a nosa empresa sexa competitiva e que se quite esa sombra de peche que está enriba da mesa». Engadiu: «Cada semana que pasa é unha semana na que a empresa e o noso benestar corren perigo».