Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Uned de Foz programa un curso de conservación mariña

Por 18 Outubro, 2019Novembro 13th, 2019Sin comentarios

A Universidade de Educación a Distancia, Uned, anima a inscribirse e seguir o curso sobre biodiversidade e conservación que se impartirá na aula de Foz do 9 ao 13 de decembro.

Os asistentes poderán seguir o curso tanto na modalidade presencial, como en ‘streaming’, en directo ou e diferido, a través de internet.

A matrícula deste curso custa 40 euros para o alumnado da Uned, 30 euros para os desempregados e 25 euros para as persoas con algún tipo de discapacidade.

Convén apuntarse na aula da Uned en Foz chamando ao 982 133 699 ou escribindo un mail a foz@lugo.uned.es. Entre os colaboradores figura o colectivo Mar e Masma e o Concello.