Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Pastor Díaz de Viveiro ofrece unha obra este sábado do grupo Nova Escena

Por 18 Outubro, 2019Sin comentarios

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro ofrece o sábado, ás 20.30 horas, a función As fillas de Eva do grupo lucense Nova escena que forma parte do programa teatral Buxiganga.

O autor da obra é Xoán Carlos Laxe e María Márquez dirixe a un elenco de nove actrices e actores nunha función que durará 65 minutos.

Nova Escena xurde en 1997 a partir dun obradoiro de teatro organizado polo Concello de Lugo, constituíndose como Asociación cultural en 2003. Desde aquela levan representadas máis dunha decena de pezas teatrais, reivindicando co seu bo facer a importancia do teatro amador: Borralliña, O Decamerón, Lisístrata, A irmá María Ignacia explícavolo todo, Cinco mulleres co mesmo vestido, Pensión 13, O Lirio, O inspector, A herdanza da tía Constanza, 2155, In Pacem, A apócema… Destacando ademais na súa traxectoria as súas participacións en animacións de rúa: A profetisa, A porta do sul…

Desde os seus comezos, levan un rexistro exacto das estatísticas de cada función, entre eles o do número de espectadores. Dacordo con eses datos, a comezos de 2019 superarían os 15.000 mil desde que comezaron a actuar.

As fillas de Eva é unha obra orientada a un público adulto. Segundo a sinopse, narra como nun país asolado por unha longa guerra, Eva loita por soster a casa e ás fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabilizará o feble equilibrio do seu mundo. Este é un drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados.