Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro ofrece un curso de micoloxía este domingo

Por 18 Outubro, 2019Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus desenvolverá este 20 de outubro unha formación micolóxica básica no Valadouro para a xente da Mariña que agardaba por ela.

O lugar de impartición serán as Aulas da Escola de Agricultura e as clases respostarán a un programa que abarca de 10.00 a 11.30 horas a parte teórica e de 11.30 a 14.00 a práctica con saída ao campo.

Será unha actividade gratuíta e aos que lles interese participar, poden inscribirse chamando ao Concello do Valadouro, no teléfono 982 574 000 ou o teléfono dos organizadores 676 750 812.

A Sociedade Micolóxica Lucus é unha asociación micolóxica, naturalista e culural que cada ano desenvolve un extenso programa de actividades nestes eidos.