Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A catedral de Mondoñedo cumpre 800 anos

Por 20 Outubro, 2019Decembro 26th, 2019Sin comentarios

Os actos de celebración do 800 aniversario da Catedral de Mondoñedo reuniron na cidade episcopal a unha ampla representación de autoridades eclesiásticas, civís e militares, no marco das festas patronais, As San Lucas 2019. Na Casa dos Cóengos, recentemente restaurada, o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, deu a benvida a todos os asistentes, recordou brevemente a historia da Catedral e destacou o proxecto de ampliación do Museo Diocesano e Catedralicio.

Entre as autoridades eclesiásticas que asistiron a estes actos estaban os arcebispos de Santiago de Compostela e Braga e os bispos de Santander, Ourense, Lugo e auxiliar de Santiago. Asistiu tamén o administrador diocesano de Astorga. Entre as autoridades civís, en representación da Xunta estiveron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, directores xerais de Políticas Culturais e Patrimonio Cultural e o delegado territorial en Lugo. Acudiron tamén o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, así como os alcaldes de Foz e A Pastoriza. A representación militar correu a cargo do xeneral comandante da Forza de Protección da Armada en Ferrol, coronel do Tercio Norte en Ferrol e coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo.

Na súa intervención, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, sinalou “hoxe celebramos 800 anos de historia e de espiritualidade da nosa Catedral da Asunción tomando como referencia para esta efeméride o comezo do pontificado de Martín I aló polo 1219 que foi quen, ao fin, establece definitivamente a Sé Episcopal en Mondoñedo, que foi o gran impulsor da súa construción e que consagrará a mesma uns anos máis tarde. Moito se podería dicir da súa importancia cultural e do seu peso na historia da nosa benquerida cidade. Estes serán aspectos que, con total seguridade, destacarán agora as persoas que me sucederán no uso da palabra, pero creo que é de xustiza que eu teña, no nome da cidadanía mindoniense, este recoñecemento á súa figura”.

Noutro momento da súa intervención, a alcaldesa destacou dende o comezo da súa historia a Catedral foi o centro da vida mindoniense e na actualidade segue a ser o gran referente da cidade. Como alcaldesa de Mondoñedo quero destacar á nosa Catedral como un elemento dinamizador turístico, un faro guía que nos debe levar a estar nun lugar preferente no Camiño de Santiago do Norte, pois, é tamén hai que dicilo, temos a única Catedral que está no Camiño Norte dende Santander, en Cantabria, ata Santiago de Compostela fin de todos os Camiños”.

Finalmente, Elena Candia manifestou centro turístico, pero tamén, como debe ser, é centro relixioso de primeiro orde. Pois nela, ademais dos Oficios propios de Catedral e Sé Episcopal, é lugar de actos de gran solemnidade como os da nosa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Galego, incluíndo nesta celebración algo tan único como procesionar polo seu interior polas súas amplas e fermosas naves. A nosa Catedral é unha xoia que todos temos a obriga de conservar e promocionar dende o máis profundo respecto ao seu valor Cultural, Turístico e Espiritual. Parabéns ao Cabido e parabéns a toda a Sé Episcopal. Mondoñedo hoxe brilla un pouco máis”.