Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pídenlle o alcalde de Burela que solicite en Madrid audiencia para defender Alcoa

Por 24 Outubro, 2019Sin comentarios

Manuel Rouco, presidente dos populares bureleses, considera que “o alcalde está adicándose ao postureo ante a problemática suscitada con ALCOA. Limítase a estar nas fotos, pero aínda non fixou de xeito claro e nítido a súa posición, como fixeron os alcaldes de Xove ou Cervo, por exemplo”, sostén. Esíxenlle que pida audiencia co presidente socialista en Madrid para defender aos traballadores da multinacional.

“Ante tal postureo”, indica Rouco, “imos facerlle chegar un borrador de declaración institucional, moi semellante a outras aprobadas por unanimidade nas distintas institucións ao respecto, coa finalidade de que sexa subscrita polos tres grupos políticos actuais presentes na corporación municipal burelesa”.

Para o presidente dos populares de Burela, “os políticos non só teñen que estar, tamén teñen que actuar. Llano só sabe estar unicamente para saír nas fotos, pero non actúa. Agardamos que se aplique en que a declaración institucional sexa asinada polos tres grupos políticos. Mesmo sería positivo que abrise a porta a que outros partidos políticos puidesen adherirse á mesma”, apunta.

Neste senso, considera que “efectivamente hai que facer un chamamento á cidadanía, pero a labor dun alcalde non pode, nin debe, quedar aí. Llano e o PSOE burelés teñen que demostrar, poñendo a súa sinatura, tal e como lles demanda, que apostan pola permanencia de ALCOA na comarca. De non facelo, só cabería pensar que están facendo politiqueo”. 

Ademais, o presidente dos populares bureleses demándalle ao rexedor que programe unha entrevista en Madrid co presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, ou no seu defecto coa Ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, para esixir con firmeza e rigor a posta en marcha inmediata das medidas que se deben aplicar para garantir a continuidade de ALCOA, e que son competencia exclusiva do Goberno Central.

Rouco sospeita que “moito nos tememos que nada de iso vai a facer, pero o non facelo tamén o deixará en evidencia. Unha evidencia que se traduce en falar moito e non facer nada. Lembremos que aínda non reuniu á Mancomunidade de Concellos da Mariña para adoptar acordos sobre ALCOA, e iso que el é o seu presidente”, conclúe.