Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Finca Galea de Alfoz acolle unha cea benéfica pola protectora de animais

Por 30 Outubro, 2019Sin comentarios

A sexta edición da cea benéfica a favor da asociación protectora de animais do Valadouro e Alfoz terá lugar o 9 de novembro, ás 21.30 horas, na Finca Galea.

As prazas para asistir serán limitadas polo que convén reservar canto antes do 5 de novembro chamando a teléfonos como o 647 777 848.

A colaboración formalizarase mediante o pago de 30 euros, cada adulto que participe xa que a cea baile custa 25 euros e hai que engadir un donativo de cinco euros á protectora.

Para os pequenos de ata doce anos, o custe será de 15 euros, porque a cea é de dez euros e o donativo tamén de cinco euros á protectora.

Toda axuda é necesaria para poder atender ás deceas de animais que se abandoan e dos que se teñen que ocupar estas asociacións de protección animal que apenas dan abasto.