Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A matrícula para a UNED segue aberta ata o 7 de novembro

Por 31 Outubro, 2019Sin comentarios

A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, visitou o Concello de Viveiro para analizar o arranque do novo curso universitario e animar a matricularse ata o vindeiro xoves, día 7 de novembro. Foi recibida pola alcaldesa viveirense, María Loureiro.

Ademais, a Aula da UNED de Viveiro ten aberta a matrícula para os cursos de extensión universitaria do primeiro semestre, entre os que se atopan os seguintes:

Taller de Innovación en Turismo Sostible. 4 horas, martes 5 de novembro, de 10 a 14 horas. (Presencial e online).

III Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima cidade de Viveiro. (10 horas). Do 23 ao 24 de novembro de 2019 de 9 a 20 horas.

As construcións do ciclo do pan na provincia de Lugo: hórreos, muíños, eiras, fornos. Os luns do 25 de novembro ao 2 de marzo (20 horas) de 16 a 18 horas . (Presencial e online).

Diversidade étnico-racial: un achegamento ás políticas de asimilación e exclusión do estado español. Do 4 ao 5 de decembro de 2019, de 16 a 21 horas, 10 horas. (Presencial e online).

No segundo semestre levaranse a cabo outras 5 actividades cuxa matrícula aínda no está aberta. Entre elas podemos destacar: O camiño do mar: unha nova vía de peregrinación na provincia de Lugo. Séculos XVI – XXI, A garda de feito e as súas facultades tutelares como medio para protexer aos discapacitados e persoas maiores.

Neste momento estanse a impartir tres materias da UNED Senior cun total de 57 estudantes matriculados en Econoloxía, Inglés Turístico e Tertulias Literarias.

Os interesados poden recibir máis información sobre estes cursos poñéndose en contacto coa Aula Universitaria de Viveiro no teléfono 982.563.001 ou por correo electrónico en viveiro@lugo.uned.es.