Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Correcamiños de Foz invitan a ver a ruta 4×4

Por 31 Outubro, 2019Sin comentarios

Os Correcamiños de Foz xa teñen todo preparado para acoller a décima sexta edición da ruta Montes da Mariña que terá lugar os días 1, 2 e 3 de novembro.

Será unha ruta para o desfrute dos amantes dos todoterreo, dos quads e das motos.

Para calqueira información que se precise, os interesados poden chamar ao 696 564 539. A organización amosa o seu meirande agradecemento ás empresas e negocios patrocinadores e colaboradores, ao igual que a Deputación e ao Concello focense.

Desde mediados de mes outorgouse unha marxe de tempo aos participantes preinscritos para que formalizasen a súa inscrición mandando a documentación necesaria (ITV, seguro e pago da inscrición). Unha vez pasado ese tempo, no caso de poder aloxar algún participante máis, a organización tiraría da lista de xente que non puido entrar a tempo.