Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Día de festa para os maiores de Ourol

Por 1 Novembro, 2019Sin comentarios

Os maiores de Ourol participarán dun encontro no que poderán xuntarse e compartir experiencias o vindeiro 17 de novembro, ás 14 horas, no restaurante Louzado, en Area, en Viveiro.

Este encontro promovido polo Concello inclúe unha comida e un baile para que os maiores desfruten dun día de festa para eles.

Non terán que pagar nada por asistir e comer e está pensado para os maiores empadroados no Concello de Ourol. Si que convén facerse coas entradas ou pases á festa nos servizos sociais ouroleses.