Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz inaugura unha mostra de Walter Ebeling que recolleu parte do patrimonio inmaterial galego

Por 1 Novembro, 2019Sin comentarios

A concellaría de Patrimonio do Concello de Foz, que dirixe o nacionalista Francisco Xavier Fanego, anuncia a apertura da mostra Arquivo Walter Ebeling, unha exposición fotográfica que poderá verse o 4 de novembro na sala do CENIMA.

Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decembro esta meritoria exposición etnográfica.

Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos  e interesados na memoria do patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador alemán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller testemuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro.

A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do Concello e por extensión do país, porque ter unha lingua, entorno natural, tradicións e patrimonio histórico-artístico que ben merecen ser celebrados. As actividades para a súa posta en valor inicianse con esta exposición, que abrangue cincocentas corenta fotografías. Foz invita a cantos teñan interese no patrimonio a achegarse ao Cenima en Foz entre o 4 de novembro e o 15 de decembro e disfrutar desta mostra.