Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Foz denuncia a perigrosidade en dous tramos da N-642

Por 2 Novembro, 2019Novembro 21st, 2019Sin comentarios

O grupo municipal do Partido Popular de Foz considera un perigo dous puntos da N642 en Foz. O cruce da ponte de Mañente e o tramo de Fazouro a Cangas. Para resolver os perigos deste tramo solicitan cunha moción plenaria a Fomento o remate e pintado definitivo da sinalización horizontal  e a construción inmediata das rotondas de cangas.

A concelleira Popular, Verónica  Soto lamenta o retraso na solución ao cruce de Mañente. “Outro punto perigoso é o tramo sen rematar dende Fazouro a Cangas, onde a sinalización horizontal provisional é totalmente insuficiente e pouco visible, especialmente agora en inverno e pode ser motivo de accidentes de tráfico, atropelos ou situacións perigosas dado que se atravesan núcleos de poboación moi habitados e non están pintados nin os pasos de cebra, por iso levamos unha nova moción ao próximo pleno, para que Fomento remate o Pintado definitivo nese tramo..” engade Soto.

Rematou dicindo que “aproveitamos esa moción para solicitarlle tamén a Carreteras del Estado que constrúa canto antes as rotondas solicitadas polos veciños de Cangas e polo anterior goberno municipal do Partido Popular, e que se van retrasando sucesivamente por un goberno socialista eternamente en funcións e sin orzamentos.”.