Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O primeiro rally da Mariña percorrerá 200 kilómetros dende Viveiro

Por 2 Novembro, 2019Sin comentarios

O campionato galego de ralis chegará por primeira vez na súa historia ás estradas da comarca da Mariña o fin de semana do 15 ao 17 de novembro. I Rallye Recalvi A Mariña Lucense pechará unha tempada na que Víctor Senra xa se proclamou campión galego por terceira vez. O de Dumbría non ten previsto asistir á proba, pero sio farán o resto de ases galegos, con subcampionato absoluto e varias copas de promoción en xogo.

O presidente da organización, a Escudería Mix Rally Sport e o directo de carreira, Ignacio Dávila, anunciaron que o parque pechado de traballo instalarase no peirao de Viveiro, namentres que as modificacións técnicas realizaranse na Praza de Grallal de Covas. Os coches téñense que presentar na noite do venres, pero a carreira desenvolverase o sábado.

O primeiro tramo, a partir das 8.28 horas do sábado 16, pasará polo Concello do Vicedo. O segundo, ás 9.15, polo de Xove e o terceiro chegará ao municipio de Cervo. Este será un percorrido que se fará dúas veces máis para completar un total de nove tramos cronometrados e máis de 200 kilómetros, de xeito que está previsto que o primeiro coche acabe e volva ao parque pechado en Viveiro sobre as 19.20 horas. A entrega de premios será contra ás 00.00 horas.

Está en xogo o subcampionato, no que Alberto Meira, con 1.061 puntos, é o gran candidato, aínda que lle segue de preto Iago Caamaño, con 796. As copas de promoción, o título de escuderías e incluso o de copilotos aínda van resolverse nas estradas mariñás.