Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Outra multitudinaria manifestación por Alcoa en Viveiro

Por 3 Novembro, 2019Sin comentarios

A manifestación en favor da permanencia de Alcoa na Mariña e por ende a conservación dos postos de traballo que dela dependen congregou en Viveiro este domingo a miles de persoas noutra convocatoria multitudinaria na Mariña, ante a ameaza de peche da factoría.

O Comié de empresa da factoría, liderado pola Confederación Intersindical Galega, CiG, continúa adiante co calendario de mobilizacións. Buscan unha solución que materialice un marco tarifario estable que poña á fábrica en igualdade de condicións coas demáis industrias do aluminio de Europa.

O Comité asegura que a ministra de Industria insitiu en que a pesar de entender o carácter urxente para aprobación do estatuto para este sector, non podían aprobalo por seguir en funcións o Goberno. Os sindicalistas critican que non clarexase nada o contido do devandito estatuto.

A empresa, din, segue manifestando que cos prezos actuais da enerxía, a produción de aluminio non é viable no Estado. Diante do que consideran unha grave crise, o Comité continúa co calendario de mobilizacións para esixir do Goberno unha solución urxente a situación de emerxencia que vive A Mariña. A ampliación do crédito para aboar a compensación polo CO2 ao máximo permitido pola UE xa se anunciou e os pagos non se farán efectivos ata antes de final de ano.

A ministra de Industria advertira de que se tiña solicitado unha nova poxa de interrumpibilidade para 2020 en condicións idénticas á do segundo semestre do 2019, prórroga que se está negociando coas autoridades da UE.

Entre os manifestantes atopábanse membros de BNG que non ven de recibo que sendo Galiza produtora e excedentaria en electricidade, teña na comarca postos de traballo en xogo en Alcoa polos custes enerxéticos. Segundo o Bloque, os responsábeis son claros, PP e PSOE, os primeiros porque foron os autores dunha lexislación que levou a esta situación e os segundos porque a mantiveron. “Non é de estrañar se temos en conta quen se senta nos consellos de administración das eléctricas, Aznar e González, facéndose ricos mentres en Galiza temos miles de empregos en risco”, afirmaron.

“Este 10N temos que confiar en nós mesmos e na nosa capacidade. Este 10N temos que facernos valer!”, coreaban os integrantes do BNG.