Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Consternación en Foz polo falecemento dunha víctima de violencia doméstica

Por 4 Novembro, 2019Sin comentarios

A Mariña e máis concretamente a localidade de Foz amaneceu consternada polo falecemento dunha muller, de pouco máis de 30 anos de idade, suposta víctima dun delicto de homicidio no eido da violencia doméstica, segundo as primeiras valoracións aportadas polos investigadores da Garda Civil.

Foi detido o seu fillo que permanecía mesmo á noite do luns en dependencias oficiais da Garda Civil de Foz ata que pase a disposición da Fiscalía de Menores.

A morte crese que sucedeu en Foz a pasada madrugada, a do domingo ao luns. Foi unha veciña quen deu o aviso aos axentes da posible desaparición da vítima. Os gardas foron á súa casa, pero ninguén contestou así que realizaron a búsqueda pola localidade e voltaron á primeira hora do día, non antes posto que tampouco había antecedentes previos de violencia de xénero ou similares.

Tras unha investigación realizada durante toda a noite, os axentes concluíron que deberían acceder ao domicilio pola mañá onde atoparon o cadáver da nai con signos evidentes de violencia. Faleceu por feridas de arma branca. Iniciaron a búsqueda do seu fillo ao que localizaron en Foz e ao que detiveron como presunto autor do falecemento.

Ao longo da mañá do luns día 4 procedeuse ó levantamento do cadáver en Foz.

O Concello de Foz convoca unha concentración este martes, 5 de novembro, ás 20.00 horas diante da praza do Concello con 3 minutos de silencio en mostra de repulsa pola tráxica morte dunha veciña focense.