Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Desarticulada unha organización de inmigración irregular que operaba tamén dende Ribadeo

Por 5 Novembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil desarticulou unha organización delictiva de orixe albanés, adicada a favorecer a inmigración irregular cara ao Reino Unido desprazando de forma clandestina a migrantes a través dos ferries e buques que partes dos peirados repartidos pola cornixa cantábrica, como o de Ribadeo, e o litoral mediterráneo.

Nove persoas foron detidas durante a operación e tamén se realizaron once rexistros nos que se interviñeron numersoso dispositivos telefónicos e informáticos, tarxetas bancarias, tarxetas de remesas de cartos e varios documentos de identidade así como pasaportes de distintas nacionalidades.

A operación iniciouse a principios de 2018, cando os axentes detectaron un considerable aumento de cidadáns de orixe albanés que pretendían embarcar clandestinamente rumbo ao Reino Unido, utilizando ferris e buques que partían principalmente de Santurce e doutros do Cantábrico.

Polo elevado número de persoas localizadas, pensaron que debía existir unha estructura dlictiva organizada detrás. Logo comprobaron que estaba composta por dúas células, unha operaba en Bilbao-Barakaldo-Sestao e a outra, actuaría dende outras provincias para levar os migrantes a lugares onde agardarían ata ser conducidos ata o seu embarque clandestino.

 Ían como polizóns en tráilers, en caravanas, en habitáculos no interior de buques e mesmo en maleteros de vehículos estacionados nos párkings das navieras, ou en camións estacionados en áreas de servizo próximos aos peiraos, á espera de embarcar.

Os portos utilizados pola organización teñen sido os de Santander, Vigo, Ferrol, Ribadeo, Gijón, Avilés, Pasajes e finalmentemente Valencia e Castellón. 

Aos detidos se lles imputa un suposto delicto continuado contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros, contra o patrimonio e a orde socioeconómica, falsedade documental e contra a saúde pública, derivadas tamén do uso de tarxetas de crédito supostamente substraídas, roubo de gasóil, roubo no interior de vivendas e da administracións de plantacións de marihuana para o seu posterior comercio.

Colaborou na investigación a NCA, NationalCrime Agency, británica, a Policía Nacional Francesa e EUROPOL, entre outros. 

A investigación foi desenrolada polo Grupo Grupo de de Información da Comandancia de Bizkaia, xunto coa Xefatura de Información da Garda Civil e os de Información das Comandancias de Gipuzkoa e Cantabria e foi dirixida polo Xulgado de Instrucción 3 de Barakaldo e a Fiscalía Provincial de Bizkaia.