Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Rebolaxe de Cervo convida a un magosto en San Cibrao o sábado

Por 6 Novembro, 2019Sin comentarios

O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19.00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.

A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.

Xa ás 20.00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil As parábolas de Pakolas, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.