Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Pastor Díaz de Viveiro acolle unha comedia na que se cociñará en directo

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

O sábado 9 de novembro chega ás 18 horas ao esceario do teatro Pastor Díaz de Viveiro a comedia Saabor!, dentro da RGTA dirixida ao público infantil familiar, unha obra de Avelino González

A escenografía é de Kukas, o deseño é de Paula Castro, o deseño e iluminación é de Paula Castro, o vestiario Chus Aldrey e a música é de Félix Rodríguez.

O elenco artístico está formado por Félix Rodríguez e Fran Rei. A obra acadou o Premio do Público de Festiclown 2018. Culturactiva Producións presenta por tanto a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecen pratos para todos os gustos cociñando en directo no propio show. Elaboran un saboroso menú para toda a familia.

Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión se complementa perfectamente con Fran Rei, cómico que ten participado en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca.

Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias dos padais máis esixentes.