Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Levarán ante ao Parlamento a “pésima” situación dos colexios de Cervo

Por 8 Novembro, 2019Sin comentarios

O grupo En Marea asegura que,  a pesar de que no pasado mes de setembro a Consellería de Educación asegurou que as obras do colexio de Cervo estaban rematadas e as instalacións listas para o seu uso educativo, a día de hoxe o centro, os seus alumnos e o profesorado padecen unha situación inaceptable para o normal desenvolvemento da actividade educativa. En Marea denunciou esta situación no comezo do curso escolar e volverá a preguntar polas obras de Cervo no Parlamento de Galicia.

Desde a comunidade educativa denúnciase padece unha situación que afecta seriamente á vida educativa, con frío nas aulas, goteiras, filtracións, e obras que entorpecen as clases.  Nalgunhas aulas fíltrase auga, a través das fiestras recén instaladas, pero non rematadas, de tal maneira que se forman bolsas de auga no chan e por causa destas filtracións molláronse traballos dos alumnos e material escolar.

Os pais tamén sinalan que hai goteiras noutros locais como vestiarios e aseos, e filtracións de auga en paredes pintadas hai aproximadamente dous meses. Ademais dos problemas derivados das obras, o centro padece outras deficiencias: a cociña segue sen extractor, a pesar da promesa de Educación de telo amañado hai máis dun mes.

O retraso das obras tamén afecta á vida escolar: o ruído de taladros e maquinaria dentro do colexio nas horas lectivas resulta moi molesto e acaba por ser un gran problema para os alumnos. A pesar desta situación, as obras avanzan moi lentamente e durante as últimas semanas apenas se viu personal traballando na reforma do colexio, como sinalan dende a formación política.