Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo ofrece axudas de ata 5.000 euros para renovar fachadas

Por 8 Novembro, 2019Sin comentarios

Conseguir o embelecemento urbanístico da cidade é un dos grandes obxectivos do Concello de Mondoñedo, presidido por Elena Candia (PP). Unha das condicións necesarias para alcanzar tal obxectivo é que os edificios teñan as súas fachadas debidamente pintadas. Con esta finalidade, establécense subvencións para inmobles situados no territorio histórico do Camiño de Santiago ao seu paso por Mondoñedo, na Área de Rehabilitación do Casco Histórico e nos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.

A regulacións das citadas concesións faise segundo o bando da alcaldía que informa de que, o 31 de outubro, aprobouse en Pleno a segunda convocatoria das subvencións para os fins citados. A contía da subvención será do 40 % do custo das actuacións subvencionables, para pintura de inmobles con materiais tradicionais, incluídos dentro da Área de Rehabilitación. O importe máximo das axudas, en calquera dos casos, será de 5.000 euros. 

Segundo o bando da alcaldía, a presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo. O prazo para tramitar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e estará aberto ata o 15 de novembro de 2019, ou esgotamento do crédito. A presentación de solicitudes deberase facer no modelo de solicitude do anexo das bases publicadas no BOP nº 189 de 19 de agosto de 2019.