Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os empresarios animan vir mercar e pasar os domingos en Ribadeo

Por 9 Novembro, 2019Sin comentarios

Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos promociona as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local coa camapaña Domingueo en Ribadeo.

O obxectivo pasa por potenciar as compras durante os domingos pola mañá, día no que moitas tendas en Ribadeo abren con normalidade, e por dar a coñecer máis Ribadeo sobre todo aos veciños de Lugo, A Coruña e Asturias xa que están a pouco máis dunha hora en autovía. Tamén se pretende que pasen o fin de semana na vila ou alomenos o domingo.

Aducen que Ribadeo é o centro comercial con mellores vistas, no que poden desfrutar ademais de boa gastronomía. A campaña foi presentada en plena rúa polo xerente da asociación, Jesús Pérez, e dous membro da directiva, Juan Andina e Carmen Cruzado.