Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ribadeo recibiu a Martín Fernández, campión de España sub14 de surfing

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción a Martín Fernández en recoñecemento por terse proclamado campión de España sub-14 de surfing coa selección galega. Xunto ao deportista ribadense estiveron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o técnico municipal de Deportes, Iván López.

O rexedor manifestou que “se trata de pasalo ben, sobre todo de xente tan nova coma ti, pero tan prometedora porque es moi novo en idade pero chegaches a unhas cimas moi importantes e todo presume de que isto vai seguir continuando. Estás nun deporte minoritario, moi mediático en época estival, pero logo no inverno ninguén se acorda del, porque fai moito frío, hai moito mar”. 

Suárez Barcia dixo: “nosoutros estamos moi orgullosos de poder recibirte a ti, de ser tan novo, de ter estes méritos tan importantes, de que leves o nome de Ribadeo por aí adiante, de que leves o nome de Galicia por aí adiante e que o leves con tanta honra que chegues a ser campión xunto cos teus compañeiros de Galicia. Queremos felicitarte e facerche este pequeno recoñecemento singularizado para ti porque o mereces, e ao mesmo tempo, como es unha persoa nova que aínda esta estudando, non me resisto a dicirche que me alegro moito disto, pero non se che ocorra deixar ao marxe os estudos para centrarte nisto. Isto no fondo é algo secundario, primeiro son os estudos e despois isto, e estou seguro que coa túa capacidade vas facer as dúas cousas, manter un bo nivel de estudos e un bo nivel de adestramento”.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “estou moi orgulloso por todo, por que sexa un deporte minoritario, sobre todo aquí, e que teña a idade que ten, unha idade pola que o Concello sempre aposta desde o deporte base. Quero darche a noraboa por ser campión de España sub-14 coa selección galega”.

Martín Fernández comentou que “estoy muy orgulloso de andar representando a Galicia y a Ribadeo en el nivel nacional, y no sólo agradecer a todos los ganadores sino a toda la gente que lo intenta aquí en Ribadeo llevándolo al máximo nivel”. Arroupando ao deportista ribadense estivo a súa familia.