Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo súmase á campaña ‘En negro contras as violencias’

Por 11 Novembro, 2019Novembro 21st, 2019Sin comentarios

O Concello de Ribadeo, súmase de novo, por cuarto ano consecutivo á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía.

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM animan “ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse na conmemoración do 25 de novembro. Ribadeo en negro. Propoñémosvos vestir de loito a nosa vila/municipio/cidade/concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Ribadeo, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Ribadeo libre de violencias machistas!”.

E engaden que “do 18 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado,etc… de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a denegro. Este ano desde o Concello non contamos con material así que animámosvos a que  aproveitedes o de pasadas edicións e baixedes carteis ou o que queirades da páxina web, https://ennegrocontraasviolencias.gal/”.

Así mesmo o 25 de novembro, día internacional contra á violencia de xénero, “temos previsto facer un acto colectivo no que poderá participar toda a cidadanía e do que informaremos en breve. Podedes seguirnos nas redes sociais, no facebook e twiter de IgualdadeRibadeo, onde vos iremos poñendo ao día”.