Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada desfrutará a final de mes dun popular magosto

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

A asociación trabadense O Picato convida a participar do magosto que teñen organizado para o 29 de novembro.

A festa comezará ás 21 horas, no pavillón municipal de Trabada.

Ofrecerase unha cea con base de bolos preñaos, paleta cocida e empanada e ademais as castañas, que se repartirán de balde.

A solista Sandra amenizará a velada que organiza a asociación cultural O Picato e na que colabora o Concello, entre outras institucións.