Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Garda Civil lanza recomendacións para ver o rally da Mariña

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil desenrolará durante a vindeira fin de semana un operativo especial ao obxecto de garantir a seguridade vial nas proximidades do primeiro rally da Mariña.

O I Rally da Mariña celébrase o vindeiro 16 de novembro e discurrirá por estradas de O Vicedo, Xove e Cervo.

Por elo se intensificarán os servizos encaminados á deteción do consumo de alcol e drogas, os excesos de velocidade e a utilización dos sistemas de seguridade, como o cinturón e sistemas de retención infantil.

É de suma importancia que os afeccionados se sitúen nos lugares alonxados da posible traxectoria dos vehículos ante unha eventual saída de vía e preferentemente en sitios elevados.

Deben colaborar coa Organización, respectando e obedecendo as instrucións impartidas, non modificando a sinalización e alonxándose das áreas sinalizadas como zonas prohibidas ao público.

Nos desprazamentos que se efectúen entre os distintos tramos debe extremarse a prudencia, adaptándose ás condicións existentes, sobre todo se aumenta moito o tráfico ou con mal tempo.