Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros fai público un informe que afirma que o orzamento deste ano e do que vén estaría esgotado

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Barreiros comparte na súa web para coñecemento xeral un informe de secretaría-intervención no que se explica a situación económica municipal. O documento é de sumo interese, pois determina as posibilidades orzamentarias e económicas dos seguintes anos, especialmente do orzamento do ano 2020, sobre o que é tempo de comezar a traballar.

Desde o goberno municipal teñen o convencemento de que é preciso afrontar a realidade de xeito serio e rigoroso, rompendo a dinámica económica que se viña mantendo en Barreiros e que coloca a este Concello nunha situación límite.

Acredita tamén o goberno a necesidade de transparencia e de público coñecemento da situación, polo que nas vindeiras datas organizarán reunións nas parroquias nas que, sen dubida se falará disto.

Tal e como se informou por esta secretaría-intervención con ocasión da aprobación da liquidación e da Conta Xeral do exercicio 2018, o Concello estaría obrigado a elaborar un novo Plan Económico-Financieiro para os anos 2019-2020, adaptado as novas circunstancias económicas que xa son bastante peores que as que existían a finais do ano 2018. Dadas as circunstancias actuais, ningún plan económico-financieiro será suficiente para reconducir a situación nin neste ano nin para o ano 2020.

Hai que ter en conta que, nas circunstancias actuais, inda que non se fixese ningún gasto máis que os xa realizados e os que obrigatoriamente se terán que realizar ata fin de ano para manter ó mínimo os servizos públicos, vai haber un montante de facturas sin aprobar por falta de crédito e que terán que aprobarse mediante recoñecemento extraxudicial en pleno, de preto de 1.000.000 euros. Esto supón, que, sin facer nada máis, estaría agotado xa o orzamento deste ano 2019 e o orzamento do ano 2020, co cal a práctica totalidade dos gastos do ano 2020, por moito que se conseguisen reducir, quedarían igualmente sin aprobar, trasladándose de novo ó ano seguinte e sin posibilidade de reconducir a situación a pesar de que as intencións de control do gasto sexan correctas e se estean implementando xa.

Tendo en conta ademais, que, ainda que se tomasen medidas de incremento dos ingresos as mesmas difícilmente poderían ter xa efectos para o ano 2020, si non que se empezarían a notar no ano 2021.

Entre as posibles medidas a adoptar, poderíase solicitar informe sobre a posibilidade de que se poda concertar unha nova operación de crédito para financiar gastos correntes obrigatorios no ano 2020, que debería estar cancelada antes das próximas eleccións xerais e que permitiría dar un pouco máis de marxe ó concello cos gastos correntes imprescindibles do ano 2020. Tamén se podería estudiar si sería posible adherirse ó Fondo de Ordenación do Ministerio no ano 2020 e si esto podería redundar nunha mellora da situación económica municipal.