Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O ourensán Javier Rodríguez álzase co premio mindoniense Leiras Pulpeiro de poesía

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

Javier Rodríguez, natural de Ourense, álzase como gañador da VIII edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título Citerea.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada A ferida, da que é autor Manuel López Rodríguez, de Noia.

Branca Trigo Cabaleiro acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo O heroe de vidro. Branca Trigo é de Vigo.

A entrega do premio terá lugar o sábado, día 23, de novembro de 2019, segundo o seguinte programa: ás 12 horas é a recepción oficial na Casa do Concello e un cuarto de hora despois, a ofrenda floral ante a tumba do poeta. E ás 12.45 farase a entrega de premios no Salón de Plenos do Concello.