Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación contra o Cancro da Pontenova pón á venda calendarios con fotos dos deportistas da vila

Por 13 Novembro, 2019Sin comentarios

A Asociación contra o Cancro da Pontenova porá á venda en decembro os calendarios solidarios que este ano están protagonizados con fotografías de asociacións deportivas de todo tipo da localidade.

Neles pódense ver integrantes do Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, do equipo de fútbol e do de fútbol sala, así como do de pádel e da asociación cabalar.

Poñeranse á venda por dez euros cada un.

O ano pasado fixéranse os calendarios con imaxes da xente do pobo. Tamén se venderán nesta ocasión na Feira da Artesanía e das Antigüidades, nun stand que o colectivo adoita instalar no evento. Nel póñense tamén á venda, con fins solidarios, varios artigos doados por establecementos da localidade, así como tamén lotería de Nadal.