Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os alfocenses seguen traballando por completar o seu mapa toponímico

Por 13 Novembro, 2019Sin comentarios

Alfoz dispón dun proxecto de recompilación de topónimos exemplar no que os cidadáns e calqueira interesado pode participar e aportar os seus datos que serán contrastados por uns expertos e así enriquecer a documentación relativa os nomes cos que se denomina historicamente a cada lugar da zona.

En agosto engadiuse un exemplo do titorial da páxina coa intención de facer máis simple e comprensible o proceso na páxina de facebook dispoñible.

O proxecto non está nin moito menos abandoado porque con frecuencia se insiren novos termos. Este mes engadiron un novo aporte, neste caso a cargo de Dani Cao, xa que sempre adoitan referenciar a quen participa na iniciativa. O colaborador engadiu algúns lugares da sua veciñanza en Adelán. Por iso os organizadores do perfil animan a todos a engadir as zonas que coñecen preto de onde viven para completar o mapa toponímico de Alfoz. Cao aportou o Cerrado da Escoura e Liñares. Coma accidentes terrestres, no monte Outeiro, tamén se engadiu o nome Costa de Mourán.

Despois das vacacións do verán, os responsables do perfil volveron a estar activos e engadiron un aporte de Ángel Vizoso que fixo un moi bo traballo recabando lugares non só do Castro senón tamén de Mor ou Lagoa, algúns dos cales o perfil permite ver en imaxes. Así se engadiron os nomes de Pousafoles e Seixalbo, no monte, e do regato e o regato de Rego da Seara.

A web de topinimia local creada por un rapaz novo de Alfoz, David Rivas, necesita toda a axuda posible para correxir os nomes errados, engadir máis e así conservar un valor cultural tan importante como é a toponimia. A páxina comezou estar activa este ano e aínda que no futuro faranse algunhas publicacións para explicar o seu funcionamento dunha forma sinxela, o responsable quixo lembrar que poden escribir para consultar calquera dúbida sobre o proxecto, o funcionamento da páxina ou as distintas formas de colaboración.

A sabedoría popular garda multitude de tesouros que, coa desaparición dos maiores, se van perdendo. Un destes tesouros é o da toponimia, os nomes dos lugares. Estes nomes foron nacendo e popularizándose ó longo de moitos anos e conservándose polo boca a boca da xente.

Existen recollidos algúns nomes dos lugares do concello de Alfoz en páxinas institucionais, pero faltan moitos nomes que só coñecen os veciños, especialmente os veciños de máis idade. Por iniciativa de David Rivas e coa colaboración doutros amigos, tentan recoller todos eses nomes de lugares ata configurar un mapa o máis completo posible coa toponimia do concello na páxina bit.do/toponimia para agregar os nomes que cada un coñeza.

Tamén se pode axudar recollendo nomes dos lugares das parroquias de Alfoz e presentándoos como unha mensaxe en Facebook. Trátase de ir recollendo nomes, situados por parroquias, e logo visitalos, falar coa xente que coñece eses nomes e ilos catalogando sobre o mapa topográfico. Así evitarase, aínda que só sexa en parte, que eses nomes se vaian perdendo co paso dos anos, co cal se perdería outro tesouro máis da cultura.