Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O barrio dos Muíños de Mondoñedo convida a un magosto

Por 14 Novembro, 2019Sin comentarios

O barrio dos Muíños de Mondoñedo, o barrio antigo dos artesáns, convida a festexar o 23 de novembro un magosto que terá lugar no anfiteatro do Alfar.

Os organizadores disporán para repartir de chourizos, bebida, castañas e chocolate, para desfrutar dunha xornada en boa compañía.

O colectivo xa está preparando a decoración para este Nadal e avanzan que haberá novidades.

Tamén están vendendo o número de lotería de Nadal, o 49.506, premiado con 20 euros ao décimo e que inclúe un donativo de tres euros para a asociación.

Ao longo do curso, a Asociación do Barrio dos Muíños en cooperación con TecnoCousas, organizan actividades de formación de outubro a xuño. Trátase de cursos de informática e novas tecnoloxías, tales como mecanografía, deseño gráfico, seguridade en internet, deseño en 3D e edición de vídeo.

Para máis información, pódese escribir a barriodosmuinhosasociacion@gmail.com.