Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O chef Bruno Pena impartirá en Trabada cursos de cociña ata xaneiro

Por 14 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Trabada e o colectivo Trabada Camiño Natural, informan e animan a participar nos cursos de cociña que imparte Bruno Pena Araú.

O primeiro dos cursos céntrase na cociña saudable e será impartido o día 16, o sábado 30 de novembro haberá outro sobre cociña italiana e ao seguinte sábado, 14 de novembro, outro acerca de cociña tradicional.

Xa para finais de ano e principios do que vén, o 28 de decembro impartirase o curso sobre intolerancias alimentarias, onde o chef ensinará mediante clases de cociña aplicada ás intolerancias e alerxias alimentarias.

Comeza o ano co curso de cociña asiática que se impartirá o 11 de xaneiro e o último será o 25 dese mes cun de reposteiría.

O custe dos cursos é de 15 euros por sesións e impártense en horario de mañá, a partir das 11 horas. O número de prazas é limitado polo que convén chamar e inscribirse canto antes no Concello chamando ao teléfono 982 135 011.